DIRECTO: "Se non hai presidente, ocupamos o Parlament!"

A expectación previa virou en tensión no exterior do Parlament, con centos de persoas a se concentraren após franquearen o cordón de seguranza estabelecido polos mossos na entrada do Parc da Ciutadella. Ao restabelecer a barreira, algúns manifestantes tentaron voltar a burlala e os axentes cargaron contra eles, o que elevou a temperatura ambiente. A concentración vai ser tamén nocturna: votaron a man alzada e decidiron ficar a durmir perante a sede da cámara catalá.

mossos
photo_camera Unha axente da policía catalá face unha carauta de Puigdemont
 Actualizar
19:15

Contradicións no bloco soberanista. Non gostou nada a JxCat e a CUP a decisión de Roger Torrent de adiar o pleno de investidura de Puigdemont previsto para esta terza feira ás 15 horas. A CUP ocupou os escanos a esa hora para patentizar o seu enfado, mentres miles de persoas marchaban desde a Praza de San Jaume até o Parlament. O pleno, en todo caso, fica aprazado, mais non desconvocado e só terá lugar, dixo Torrent, cando existan garantías xurídicas de que a investidura sexa "efectiva e sen interferencias".

cup

16.00

Miles de persoas concéntranse xa no exterior do Parlament -no termo dunha manifestación da Assamblea Nacional Catalana convocada días atrás e que se mantivo pese ao adiamento do pleno- e entonan Els Segadors, o himno nacional de Catalunya. Hai tamén unha manifestación, menos numerosa, do bloco unionista.

manife

13:15 Na febril procura de Puigdemont, os Mossos rexistaron o maleteiro do taxi en que Xavier Domènech, líder de Catalunya en Comú, chegou esta mañá ao Parlament.
12:16 Os grupos parlamentares de JxCat e a CUP ignoraban que Torrent fose adiar o pleno, o que causou malestar nestas formacións independentistas. Junts per Catalunya, a formación liderada por Puigdemont, di nun comunicado de imprensa que si se daban hoxe as condicións para realizar o pleno. Felicítanse, porén, de Torrent ter dito que non contempla ningún candidato alternativo ao ex president.
11:38 Fontes da Moncloa avanzan a TV3 que o adiamento do pleno de investidura é consecuencia do funcionamento do estado de direito.
10:18 "Nen a vicepresidenta Soraya nen o Tribunal Constitucional decidirán quen vai ser o president da Generalitat. A quen lle corresponde facelo é as eputadas e os deputados, eleitos democraticamente", afirma Torrent na súa comparecencia. "Non aceitaremos inxerencias nun Parlamento democrático", alegou, ao tempo que anunciou que para dar amparo aos direitos de Carles Puigdemont como parlamentar -protección que este pediu a Torrent formalmente esta segunda feira- os servizos xurídicos da cámara farán alegacións ás medidas cautelares adoptadas polo TC o pasado sábado. Para o titular do Parlament, a resolución do TC refrenda a "fraude de lei" perpetrada polo Goberno español co seu recurso contra a designación de Puigdemont como candidato. "Non proporei outro candidato", esclareceu Torrent.
10:00

Roger Torrent, presidente do Parlament, convoca de urxencia á imprensa. O pleno de investidura está previsto para as 15 horas. Máxima expectación.

Comentarios