Palestra de Puigdemont

DIRECTO: "O apoio da UE a Rajoy é desconcertante. Lexitima o uso da forza"

Poucos minutos antes de dar comezo a palestra do president, sóubose que o xuíz do Supremo, Pablo Llarena, desoía a petición da Fiscalía e optaba por non reactivar a euro-orde contra Puigdemont.

expectación
photo_camera Máxima expectación no auditorio da palestra de Puigdemont [Foto: @RaholaOficial]
 Actualizar
17:57 O candidato á reelección como president tamén tivo palabras duras para as institucións comunitarias: "O apoio da UE a Rajoy é desconcertante. Lexitima o uso da forza e a ameaza xudicial ás nosas institucións democráticas".
17:55 No seu discurso, Puigdemont demandou unha "solución política e non penal" para Catalunya. O president afirma que o principal problema é que o Estado continúa a ollar para o Principat como se fose unha "provincia" súa e non unha "nación" con vontade de ser suxeito político.
14:29. "O PP chegou a falar con ETA, mais non sobre o referendo catalán", afirma Puigdemont, para quen a "sombra de Franco aínda é alongada en España"
14:25

Puigdemont -xa no curso da palestra- pon en destaque que o Estado dinamarqués si respeita o exercicio do direito de autodeterminación, quer en Groenlandia quer nas Illas Feroe.

Captura de pantalla (17)

14:03. O xuíz do Supremo Pablo Llarena desatende a petición da Fiscalía e non procederá a activar a euro-orde contra Puigdemont. Llarena entende que a detención sería facerlle o xogo a Puigdemont e que o seu arresto era xusto o que procuraba o político de Girona ao se desprazar a Copenhague.
13:23

Grande expectación no auditorio en que se producirá a palestra con intervención de Pugidemont. Esteladas, mais tamén unha bandeira española co touro. Fotografía tirada de ElNacional.Cat

bandeira co touro

12:31 Roger Torrent envía unha carta a Rajoy para abrir un diálogo coa Moncloa. Solicita unha entrevista para "explorar todas as vías posíbeis" de solución da situación na que se achan as e os parlamentares eleitos que se achan ou ben na cadea ou ben no exilio.
11:44 Como estaba previsto, e após manter reunións coas portavocías dos distintos grupos parlamentares, Roger Torrent propón a candidatura de Carles Puigdemont para a sesión de investidura. Resta a incógnita de como se vai poder materializar.
10:42 A CUP pide activar a solidariedade perante a orde de detención contra Puigdemont.
10:00

 

A palestra na que vai tomar parte Puigdemont, na Universidade de Copenhague, dará comezo ás 14 horas e vaise poder acompañar desde aquí.

9:45

A Fiscalía pide ao xuíz do Supremo, Pablo Llarena, que reactive a euro-orde con vistas á detención de Puigdemont, quen desde as 8.30 horas se acha en Copenhague.

Puig

Comentarios