Ciudadanos, forza máis votada, seguida de Junts per Catalunya

O independentismo derrota nas urnas o 155

Cunha participación histórica (81,9%) e nunha situación de anormalidade, o independentismo foi quen de manter a maioría parlamentar. Junts per Catalunya (34 escanos), ERC (32) e CUP (4) suman 70 deputados dos 135 que ten o Parlamento catalán. Maioría absoluta, que está en 68. A forza máis votada foi Ciudadanos, con 37 escanos, mais que son insuficientes para tecer unha maioría constitucionalista ou do 'bloque do 155' pois PSC ficou en 17 escanos e PP, 3 (suman 57). Os populares pasan ser a última forza en Catalunya.

O independentismo logrou 47,5% dos votos, por 45% das forzas do bloque que apoiou o 155 e 7,4% dos 'comúns', que logran 8 deputados, 3 menos que hai dous anos.

Por circunscricións, Ciudadanos foi a forza máis votada en Barcelona e Tarragona, sendo Junts per Catalunya en Girona e Lleida.

 

 

 

catalunya eleccions imaxe de ANC
 Actualizar
00:11

Carles Puigdemont (Junts per Catalunya) comparece en Bruxelas e afirma que "a república catalá derrotou a monarquía do 155". Para Puigdemont, nas eleccións deste 21D "o Estado español foi derrotado" e Mariano Rajoy "recibiu unha labazada dos cataláns". Os resultados, con maioría independentista no Parlament, deben levar a Europa a "tomar nota", dixo.

Junts per Catalunya logra 34 escanos e 21,7% dos votos

DRmziP9XkAAXNqt

00:00

Marta Rovira (ERC): "O independentismo gañou as eleccións e derrotou Mariano Rajoy", afirmou, ao tempo que sinalaba que o resultado supón que o pobo catalán quere "recuperar" as institucións. 

ERC obtivo 32 escanos e 21,4% dos votos

DRmrkgpXcAEoU4H

23:50

Inés Arrimadas (Ciudadanos) afirma que o independentismo perdeu as eleccións e gábase que "por primeira vez en Catalunya gañou o constitucionalismo". A candidata de Cs di que "ficou claro" que a maioría dos cataláns queren ser españois.

Ciudadanos obtivo 37 escanos e 25,3% dos votos

DRmtQIEWsAIKeZ4

23:28

Xavi Domènech (Catalunya en Comú) lamenta que nestas eleccións as gañadoras fosen as forzas da dereita e di que "os resultados son sagrados" e sitúan os comúns "na oposición".

CeC logra 8 deputados e 7,4% dos votos

DRmpgjxW4AUrFAw

23:23

MIquel Iceta (PSC). Pide desbotar a unilateralidade e destaca que o independentismo perdeu escanos.

PSC obtén 17 escanos e tivo 13,8% dos votos

DRmngbdX4AAdvsP

23:17

Carles Riera (CUP) comparece. "A república do 1 de outubro gañou estas eleccións"

CUP: 4 escanos e 4,5% dos votos

DRmnXkZW0AIW38Y

23:07

Comparece Albiol (PP). Parabeniza Ciudadanos e recoñece o mal resultado do Partido Popular. "É un mal idea, vemos con preocupación o futuro de Catalunya coa maioría independentista".

PP: 3 escanos e 4,4% dos votos

DRmk8QVX0AAS8q4

23:01 Avanza o escrutinio, que xa é de 93% e confirma as tendencias: O independentismo mantén a maioría absoluta en escanos, Ciudadanos primeira forza, Junts per Catalunya segunda e PP, última forza en Catalunya
22:49

ANC: "O independentismo gañou as eleccións con máis participación da historia e nun contexto particularmente difícil".

DRmhSqZW4AAMrV4

22:27 73% escrutado: o independentismo obtén 70 dos 135 escanos. Maioría absoluta. Junts per Catalunya (34 deputados) e ERC (32) suman mellores resultados (66 escanos) que cando foron xuntos en 2015 en Junts pel Si (62)
22:16

62,3% escrutado:

Cs primeira forza, con 35 escanos e JxC segunda, con 34. ERC, 32.

22:03

Con case 50% do voto escrutado, Ciudadanos (35 escanos) e JxC (34) compiten por ser a forza con máis deputados. ERC tería 32, PSC 18, Catalunya en Comú 8, CUP 4 e PP 4.

O independentismo mantería a maioría absoluta, con 70 escanos de 135

21:54

Co 37,5% escrutado:

Independentismo 72 escanos, maioría absoluta

Constituciuonalismo 55

Catalunya en Comú 8

21:41 Co 21% escrutado, independentismo sumaría 71 escanos e mantería maioría absoluta: JxC (34), ERC (32) e CUP (5) 
21:35

Co 15,52%% escrutado

Junts per Catalunya 35, ERC 31, Ciudadanos 35, PSC 18, Comúns 8, CUP 5 e PP 3

21:17

Co 6% escrutado CS supera ERC

Junts per Catalunya 35, ERC 31, Ciudadanos 34, PSC 18, Comúns 8, CUP 6 e PP 3

21:05 Escrutadas primeiras 100.000 papeletas (apenas 2,25% dos votos): Junts per Catalunya (43), ERC (33), Ciudadanos (27), PSC (16), CUP (7), Catalunya en Comú (6) e PP (3)
20:33 As primeiras reaccións desde as diferentes formacións son prudentes e coinciden en remarcar a alta participación.
20:27 Escrutados os primeiros 1.200 votos, Junts per Catalunya obtería 73 dos 135 deputados, ERC 35, Ciudadanos 10, CUP9 e PP 6
20:15

Unha enquisa que publica El Diario dá a Ciudadanos como forza máis votada e sinala a posibilidade dunha maioría independentista.

Ciudadanos: 32/33

ERC: 30/31

Junts per Catalunya: 28/29

PSC: 21/22

Catalunya en Comú: 8/9

PP: 6/7

CUP: 6/7

20:00

Ciudadanos sería a forza máis votada mais o independentismo lograría a maioría, segundo a enquisa que vén de facer pública La Vanguardia, feita con 3.200 entrevistas telefónicas durante estes días.

Ciudadanos: 34/37 escanos

ERC: 34/36

Junts per Catalunya: 28/29

PSC: 18/20

Catalunya en Comú: 7/8

CUP: 5/6

PP:3/%

20:00 Feche de colexios electorais e inicio do reconto
19:22 A portavoz do Secretariat Nacional da CUP, Núria Gibert, comparece perante a imprensa para denunciar que hai 830.000 persones que "non puideron votar" e empraza a todos os cidadáns a facelo porque este 21D "vai de democracia".
19:19

A participación definitiva ás 18:00 horas é de 68,3%, cinco puntos máis que nas eleccións de 2015. A participación aumenta en todas as demarcacións. Barcelona: 68,7% (+5,4); Girona: 68,2% (+3,1); Tarragona: 66,9% (+4,9) e Lleida 66,6% (+5,4).

votacions barcelona nacio digital catalunya

18:10 O incremento de participación deuse en todas as circunscricións. Na de Barcelona pasouse de 63,21 por cento de 2015 a 68,59 este 21D. En Girona o salto foi de 65,08 a 68,34 por cento. En Lleida de 61,11 a 66,20 por cento. En Tarragona de 61,78 a 66,72 por cento.
18:04   A tendencia da participación mudou claramente á tarde. Ás 18 horas votara xa 68,21 por cento do censo, 6,4 pontos máis que nas eleccións de 2015
17:40 En colexios eleitorais de Lleida a participación a esta hora xa ten superado 70 por cento.
17:06 O número de catalás que votaron por correio desde o estranxeiro incrementou en 81 por cento a respeito das eleccións ao Parlament de 2015.
15:25  A Garda Civil considera delito de rebelión as manifestacións da Diada desde 2013. Isto transcende en plena xornada eleitoral. O atestado policial entregado ao Tribunal Supremo apunta agora Marta Rovira, Artur Mas, Anna Gabriel e unha vintena máis de dirixentes independentistas. Atribúelles a responsabilidade de deseñar un plan para declarar a independencia de Catalunya.
13:20 Primeiros dados de participación nas eleccións do 21D. Ás 13:00 horas é de 34,7%, catro décimas por baixo da rexistrada nos comicios do 27 de setembro de 2015. Barcelona 34,6%; Girona 35,2%; Tarragona 35,1% e Lleida 34,2%.
12:40

Inés Arrimadas vota en Barcelona entre berros de "Presidenta" e de "Fascista". Ciutadáns nestas eleccións parte como unha das formacións favoritas nas enquisas a ser a máis votada, en disputa con ERC. 

DRkVbbwW4AAZHHO

12:20

A prisión de 'Estremera castiga Oriol Junqueras con cinco días sen poder saír da cela onde está preso. Tamén lle prohibe chamar a determinados números de teléfono. Son sancións por gravar unha mensaxe para un mitin de ERC e conceder unha entrevista a unha emisora de radio desde a cadea.

11:50

Xavi Domènech (Catalunya en Comù-Podem) pide votar para "superar unha situación difícil como país" ao tempo que para "rachar cos bloques" e "atopar unha saída en positivo". O candidato, que votou en Barcelona, di que Catalunya precisa "unha nova etapa".

DRkNme8WAAE7bg5

11:25 

Miquel Iceta, candidato do PSC, vota no colexio da Universidade de Barcelona e destaca a alta participación, "unha boa nova para calquer demócrata".

DRkCLm8W0AAQX9y

11:19 Laura Sancho, a rapaza de 18 anos que cedeu o seu voto a Carles Puigdemont, votou en Sant Cugat del Vallès DRkB6CEXkAIShLQ
11:00

Vota en Poblenou Carles Riera, candidato da CUP. "Pola República, os dereitos sociais e a asemblea constituínte", afirmou na súa conta de twitter.CUP

11.00

Vota Marta Rovira, número 2 de ERC, chamada a ser a presidenta executiva dun goberno de ERC se Junqueras se mantiver na cadea.

Marta Rovira

9:56

Grande afluencia de xente nos colexios electorais na primeira hora de votación neste 21D

DRjoyzFX0AAX6pe

9:10 Sen incidentes na abertura dos colexios. Hai un impresionante dispositivo policial despregado este 21D en Catalunya, con 17.000 policías.
8.00

Todo preparado nos 2.680 colexios eleitorais constituídos en Catalunya este 21D. As urnas comezarán a se abriren ás 9 horas. 5,5 millóns de catalán están chamados a votar. Elexerán 135 escanos no Parlament. 

Comentarios