sábado 22/01/22

O Brexit fai caer o segundo primeiro ministro británico en menos de tres anos. Após david Cameron agora é a quenda de Theresa May, que deixará o cargo o 7 de xuño. Canda o mando no goberno británico deixa tamén o luiderado do Partido Conservador, os ‘torys’.

Após 48 horas de constantes ruxe ruxes nos que se apontaba a esta dimisión foi a propia May, emocionada, quen compareceu perante a porta da súa residencia oficial no nº10 de Downing Street para anunciar que o deixaba.

Falou do “gran honor” que é “servir o país que amo” e recoñeceu que, embora “facer todo o que puiden” para “negociar as condicións do Brexit”, non foi quen de “fechalo”. “Fallei 3 veces”, concluíu.

A noticia prodúcese cando a cidadanía de Reino Unido xa está votando (empezou esta quinta feira) nas eleccións europeas. O referendo do Brexit logrou o apoio maioritario no Reino Unido a marchar da UE, embora en territorios como Escocia e Irlanda do Norte gañou a outra opción: permanecer na Unión Europea.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Dimite Theresa May
comentarios