América Latina

Dimite o ministro de Defensa de Colombia que ocultou a morte de oito crianzas nun bombardeo

Guillermo Botero é un defensor dos preceptos do ex presidente Álvaro Uribe en materia de seguridade. Os decesos producíronse durante un ataque en agosto contra a unha facción das FARC que retomou as armas hai uns meses.

EuropaPress_2369547_El_presidente_de_Colombia_Iván_Duque
photo_camera O presidente de Colombia, Iván Duque. Foto: Europa Press

O ministro de Defensa de Colombia, Guillermo Botero, presentou esta cuarta feira, 7 de novembro, a súa dimisión dimitir por ocultar a morte de oito menores de idade durante un bombardeo contra a unha facción das FARC que retomou as armas hai uns meses.

A dimisión chegou co fin de evitar que o Senado votase unha moción de censura na súa contra, dentro dunha dinámica de popularidade decrecente do actual presidente do país, Iván Duque. E precipitouse logo de Botero comparecer para defender ese bombardeo, levado a cabo o pasado mes de agosto.

Guillermo Botero, o ministro máis afín ao presidente entre 2002 e 2010 Álvaro Uribe, asumiu os preceptos do ex dirixente en materia de seguridade. Isto é, man dura.

Comentarios