Día Nacional (e laboral) no País de Gales

O lema de San David é Gwnewch y pethau bychain ("céntrate nas pequenas cousas"). A reclamación para que o seu día, Día Nacional de Gales, sexa aceptado como festivo é unha desas pequenas cousas que, porén, teñen unha grande importancia no simbólico. 
escola_gales
photo_camera As galesas e os galeses celebraron o día levando galletas aos seus postos de traballo, e nas escolas realizáronse diferentes actividades (Nós Diario)

Gales celebrou o seu Día Nacional cun xeneralizado Dydd Gŵyl Dewi Hapus ("Feliz Día de San David") e con reclamacións oficiais ao Goberno británico ─rexeitadas unha e outra vez desde hai dúas décadas─ para que o día se declare festivo. Ademais, coincidindo con este día, publicouse a enquisa anual sobre o autogoberno no país: medra o apoio á independencia até 11%, mentres que a porcentaxe de persoas que auspician unha redución de competencias ou a abolición da autonomía mantense en 16%. 

A chamada "Enquisa de San David", elaborada por ICM para a BBC desde 2014, mostra unha importante suba á secesión de Gales: catro puntos respecto ao 7% de 2019 e seis desde a primeira sondaxe, cando era de 5%. 

Na opción totalmente oposta está a abolición da autonomía. En 2014 era de 23%, o ano pasado de 13%, e este de 14%. A porcentaxe de persoas que avogan pola redución do autogoberno en Gales mantívose practicamente constante neste tempo: 3%, en 2014 e 2019; 2% en 2020.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios