Detido un maxistrado do Tribunal Constitucional por violencia machista

Valdés tribunal constitucional

O maxistrado do Tribunal Constitucional Fernando Valdés foi detido no seu domicilio da localidade madrileña de Majadahonda por un presunto delito de violencia machista. Tras declarar perante o xuíz, xa foi posto en liberdade.

Catedrático de Dereito do Traballo e a Seguridade Social e maxistrado do Constitucional, Valdés, de 75 anos, chegou ao Constitucional en 2012. Valdés foi arrestado no seu domicilio de Majadahonda e, segundo fontes da investigación, non se identificou entre os axentes que o detiveron como maxistrado do TC. 

Comentarios