Detencións e mortes nun operativo policial en París

Os acontecementos decorreron no suburbio de Saint-Denis. A policía francesa di buscar ao deseñador dos ataques na capital francesa o 13 de decembro.

Paris-police-raid-_3503526b

O estado de alarma mantense en París desde o 13 de novembro e esta cuarta feira (18 de novembro) os disparos e explosións volveron resoar perto do Stade de France, durante un operativo policial no que resultaron mortas 3 persoas, 5 detidas e varios axentes levemente feridos, segundo recollen diversos medios galos. 

O obxectivo policial sería Abdelhamid Abaaoud, a quen a intelixencia francesa identificou como responsábel dos atentados do 13 de novembro e Salah Abdeslam, un presunto terrorista fuxido. 

Porén, descoñécese até o momento se estas persoas se atopan entre as cinco detidas e 3 falecidas. O que si reportaron as autoridades francesas foi a procedencia dalgunhas das explosións que tiveron lugar na zona e que procederían da carga explosiva que portaba unha muller. Segundo a imprensa gala esta teríase inmolado. 

Comentarios