Un deputado británico acusa do ataque con armas químicas a Al Qaeda e di que llas facilitou Israel

George Galloway é deputado no Parlamento británico polo Respect Party, unha formación que se declara a si mesma socialista, contraria ás intervencións militares no Iraque e en Afganistán. Declarou que, de ser certo o ataque con armas químicas denunciado este 21 de Agosto en Siria, os responsábeis serían ou os chamados rebeldes sirios ou Al Qaeda.

Galloway
photo_camera Galloway


O membro do parlamento británico foi entrevistado pola canle iraniana Press TV. Dixo que "se ten habido algún uso de gas nervosos, foron os rebeldes os que o utilizaron".

"Se se usaron armas químicas, foi Al Qaeda quen as usou", declarou Galloway. E perguntado sobre quen teria facilitado as armas á organización yihadista, respondeu: "Velaquí a miña teoría: foi Israel quen llas deu [as armas]".

Galloway fai esta declaración após se saber que o Daily Mail publicou en Xaneiro pasado que os Estados Unidos terían dado o seu apoio a un plano artellado por Qatar, cun contratista armamentista británico, para organizar un ataque con armas químicas en Siria co obxectivo de responsabilizar da súa comisión ao Goberno de Assad.

Ningunha fonte independente puido verificar até o momento nen que realmente existise o ataque con armas químicas denunciado polas forzas opositoras o 21 de Agosto nen, caso de ter existido, quen o tería perpetrado.

Onte, o secretario de Defensa dos EUA, Chuck Hagel, insinuou que Barack Obama está a manexar todas as opcións posíbeis perante o novo escenario en Siria, incluíndo o ataque militar. Nese sentido, avanzou que se están a desprazar forzas navais norteamericanas ao país árabe.

Comentarios