A defensa de Junqueras pide ao Supremo a súa liberación “inmediata”

Afirma que a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE ourtórgalle “inmunidade”.

Junqueras
photo_camera Junqueras

Após o TXUE emitise unha sentenza concedendo inmunidade a Oriol Junqueras, as partes implicadas no caso emitiron as súas posicións. A defensa do líder de ERC decidiu facelo esta terza feira nunha carta ao Tribunal Supremo.

O documento redactado por Andreu Van den Eynde pide a "liberación inmediata" de Junqueras e solicita a nulidade da sentenza do 1-O emitida polo Tribunal Supremo. "Na súa análise, o TXUE establece que a adquisición da condición de membro do Parlamento Europeo [...] ten lugar desde o momento do anuncio oficial dos resultados", lembra o avogado. Nese sentido, "os membros do Parlamento Europeo gozan de inmunidade antes do inicio do seu mandato", engade.

Na carta, Van den Eynde tamén carga contra o poder xudicial español, lembrándolle a súa "obriga" de "cooperar coas institucións europeas para protexer as inmunidades dos seus parlamentarios".

Así, a defensa do líder de ERC pide que se garanta a "libre circulación" de Junqueras no Parlamento Europeo.

Comentarios