Defensa ascende a un xuíz militar que cualifica a guerra civil como “verdadeira cruzada”

Miguel Ayuso, membro do Tribunal Militar primeiro, considera que o lema carlista “Deus, Patria, Foros e Rei lexítimo é a única bandeira de esperanza para o Estado español". E afirmou publicamente que a represión franquista foi "legal".

Considera que a guerra civil foi “unha verdadeira cruzada”, que a represión franquista foi Severa mais legal”, que as Forzas Armadas están sendo sometidas a leis que a prexudican ou ben que a constitución española ten unha orixe “bastarda”. Mais ningunha desas opinións expresadas públicamente por Miguel Ayuso, teniente coronel do Exército español e catedrático na Universidade Pontificia de Comillas, lle custan un castigo, unha sanción ou sequer unha reprimenda. Segundo afirma o diario El País, o Ministerio de Defensa está a avaliar promovelo a coronel. Ou sexa, ascendelo. Outros cargos militares, como lembra este xornal, teñen sido sancionados simplesmente por criticar os recortes.

Miguel Ayuso, informa El País, simpatiza coa vertente máis ultra do carlismo, Comunión Tradicionalista, e é membro do Corpo Xurídico Militar, desde onde se xulga a outros militares.

Comunión Tradicionalista ten un dos seus alicerces nun ultraespañolismo impregnado dun forte conservadurismo. Tense acusado a esta organización de 'amparar' de certo xeito os ataques de grupos de extrema dereita en Nafarroa contra bens e persoas da esquerda abertzale.  

Comentarios