xoves 06/08/20

Declarado un incendio de consideración no interior da catedral de Nantes

O servizo de bombeiros de Loire- Atlantique traballa na súa extinción.
Imaxe do incendio na catedral de Nantes (Nós Diario)
Imaxe do incendio na catedral de Nantes (Nós Diario)

Sesenta bombeiros están a tentar controlar un lume declarado pouco antes das 8 horas deste sábado catedral de San Pedro e San Pablo da cidade de Nantes, segundo confirmaron fontes de Bombeiros aos medios de comunicación franceses. As lapas comezaron no interior do edificio e chegaron a asomar temporalmente polo medallón da fachada, segundo informaron os bombeiros de Loire- Atlantique ao medio local 'Ouest- France'. As tarefas de extinción aínda seguen o seu curso.

A catedral de Nantes, do século XV, xa padeceu en 1972 un espectacular incendio que destruíu a cuberta.

comentarios