David Cameron convocará referendo sobre a permanencia do Reino Unido na UE

O primeiro ministro británico asegurou esta cuarta feira no seu discurso que en 2017 preguntará @s británic@s sobre a permanencia do Reino Unido na UE se gaña as eleccións.
David Cameron
photo_camera David Cameron

Se gaña as eleccións en 2015 a consulta podería desenvolverse en 2017. Así o anunciaba esta mesma mañá o conservador David Cameron no seu discurso sobre as relacións entre Reino Unido e UE. O euroescepticismo amosado polo primeiro ministro durante os últimos meses copará o seu programa electoral no que salienta o referendo sobre o mantemento --ou non-- do Reino Unido na Unión Europea.

"É hora de que os británicos dean a súa opinión"

"É hora de que os británicos dean a súa opinión", aseverou Cameron. A proposta feita pública esta mañá baséase nunha re-negociación dos termos que actualmente rexen a pertenza do Reino Unido á UE. Neste senso, o líder conservador asegurou que após os acordos que se obteñan dese novo modelo relacional coas institucións comunitarias "darémoslles aos británicos un referendo coa opción de quedar ou saír", salientou o primeiro ministro.

Malia que o Reino Unido goza actualmente dunha particular adhesión á UE, Cameron asegurou que o que procura é "un mellor acordo" que devolva parte das competencias cedidas en materia económica a Bruxelas. Neste senso, segundo apuntan diversos medios de comunicación do país, actualmente máis do 40% d@s británicos estaría a favor dunha saída da UE.

Comentarios