Defende a confluencia co bloco soberanista

Dante Fachin abandona Podemos por desacordos coa dirección

A fenda entre o secretario xeral de Podem e a dirección estatal do partido medrara nos últimos días

albano-dante-fachin

O secretario xeral da filial catalá de Podemos, Albano-Dante Fachin, acaba de presentar a dimisión do seu cargo, amais do abandono da militancia no partido morado. O político expresou desacordos coa dirección estatal da formación.

Esta decisión vén enmarcada pola convocatoria interna que fixo Pablo Iglesias desde Madrid. Nela, os órganos estatais da dirección puxeron en marcha un proceso de elección de órgaos que pretendía a substitución do líder catalán. Dante-Fachín propuña unha entente electoral co independentismo catalán nas próximas eleccións do 21 de decembro, pretensión que chocaba frontalmente coa intención do partido morado de limitar os acordos aos comúns de Ada Colau.

A idea da dirección estatal funcionou na medida en que a convocatoria dunha asemblea cidadá da formación catalá precipitou a dimisión de Dante Fachín. O proceso asembleario, que evitaba o cesamento directo do político por parte dos órgaos estatais, prevía un resultado contrario ás teses de confluencia co soberanismo de Fachín.

Comentarios