Daesh reivindica ataque terrorista de Londres

A Policía xa coñece a identidade dos tres atacantes mais non a fará pública de moneto. Hai unha ducia de persoas detidas.

londres ataques @yankifarbewr
photo_camera londres ataques @yankifarbewr

Daesh, Estado islámico, reivindicou o atentado terrorista da noite do sábado en Londres e no que morreron sete vítimas e tres terroristas. Daesh reivindicou esta acción a través de Amaq, unha axencia de noticias afín, que difundiu a  información a través de Telegram, segundo a cadea británica BBC. “Unha unidade de seguridade de combatentes de Daesh levou a cabo os ataques de Londres”, explica a mensaxe.

A Policía británixa xa coñece a identidade dos tres autores do atentado se ben non vai dar a coñecer publicamente os nomes até que sexa “operacionalmente posíbel”. As forzas de seguridade manteñen aberto o operativo, que xa levou á detención dunha ducia de persoas.

O ataque é o segundo que sofre Inglaterra en apenas 15 días. Hai dúas semanas, en Manchester, un atentado nun concerto causou 22 mortos e 64 persoas feridas. Cinco meses antes, 5 persoas foran asasinadas noutro ataque na ponte de Westminster. Este último ataque terrorista ten lugar ás portas das eleccións lexislativas británicas

Comentarios