Detidos 8 supostos terroristas en conexión co ataque

Daesh chama "heroe militar do Califato" ao autor do masacre de Estambul

Os investigadores terían xa feito un retrato robot do autor do masacre que ceifou a vida de 39 persoas na noite de ano novo nun nightclub de Estambul. 

Gunman
photo_camera Imaxe do terrorista ao entrar no clube Raíña

Salto cualitativo no confronto do Estado Islámico con Ankara, após o masacre das primeiras horas de 2017 no Raíña, un dos locais nocturnos máis elitistas de Estambul. O Daesh emitiu un comunicado singularmente duro con Turquía e cualificou o autor do atentado como "heroe militar do Califato".

A reivindicación do ataque produciuse case en paralelo coa detención de 8 persoas suspeitosas de teren participado dalgunha forma na preparación do masacre. O seu autor, porén, continúa fuxido, embora as pesquisas policiais avanzan, até o ponto de os investigadores xa teren unha especie de retrato robot -a partir das gravacións das cámaras de seguranza-. A policía pensa que xa deu tamén coas pegadas deixadas polo terrorista na escena do crime.

Nun comunicado emitido esta mesma segunda feira, o Estado Islámico aponta ameazador a Ankara: "O goberno de Turquía debería saber que o sangue dos musulmáns, aos que ten no foco cos seus planos e as súas armas, causará un incendio na súa propia casa e farao para dar cumprimento á vontade de Deus".

Esta é a segunda vez no que vai de ano en que o Daesh reivindica un atentado en solo turco e faino após Ankara ter copatrocinado con Moscova un cesar ao fogo na guerra de Siria

Comentarios