Venezuela elixe entre chavismo ou involución

Perto de 20 millóns de venezolan@s elixen hoxe moito máis que un presidente: Maduro ou Capriles. O candidato socialista chamou a un apoio masivo nas urnas para seguir a construír a revolución bolivariana. O aspirante da oposición di que os comicios son a ocasión para cambiar a "desfeita"

As cores de Venezuela

Por volta de 20 millóns de venezolan@s están chamados este domingo ás urnas para elixir moito máis que un presidente: Nicolás Maduro (Gran Polo Patriótico) e Henrique Capriles (Mesa da Unidade Democrática) representan proxectos antagónicos de país. Algo do que son conscientes eles propios, Venezuela e a comunidade internacional. Por iso a cita do domingo é seguida cun interese imposíbel de atopar noutras latitudes.

Os colexios electorais abriron ás seis da mañá e pecharán sobre as nove (en horario galego, 12:30 e 23:30). O propio CNE afirma que terán os resultados máisou menos tres horas despois do peche dos colexios. Ou sexa, que entre as dúas ou tres da madrugada hora galega poderán coñecerse. Cómpre lembrar que en Venezuerla están prohibidas as enquisas a pé de urna.

Nos anteriroes comicios presidencias a participación superou o 80%, marcando todo un fito

A xornada de votación está a se desenvolver sen incidentes salientábeis. Nicolás Maduro desde a súa conta de twitter (@NicolasMaduro) chamou aos e ás venezolanas a votar: "Vamos Patria Nova!. É a hora. Polo futuro!".

Desde as ringleiras da oposición, fíxose un chamamento a encher as urnas de votos para botar abaixo a "desfeita chavista".

Peche de campaña

O peche de campaña de Maduro tivo lugar en Caracas, cunha marea de xente que asulagou as sete principais avenidas da cidade e deixou pequena a Av. Bolívar. Centos de milleiros asistiron a un acto no que o candidato socialista volveu incidir no moito que hai en xogo na cita do domingo.

Maduro apelou a non se confiar malia a ampla vantaxe que lle dan as enquisas. E, mentres milleiros de gorxas berraban “Non volverán” , Nicolás Maduro lembraba que “a burguesía e o imperialismo” non volverán “poñer as súas gadoupas” sobre o “pobo soberano” de Venezuela. “Cren que porque perdemos fisicamente ao noso comandante, a revolución acabou”, manifestou, advertindo que a revolución segue en pé.

Neste acto de peche de campaña, o candidato do Gran Polo Patriótico contou co apoio de Maradona, amigo e recoñecido admirador de Chávez e doutros revolucionarios como Fidel Castro.

Pola súa banda, o candidato opositor, Capriles, elixiu para pechar a súa campaña o estado de Lara. Alí,e ante ducias de milleiros de simpatizantes, dixo que a este domingo había que votar “entre a vida e a morte” e que a súa formación era a alternativa para “derrotar á violencia” que,entende, supón o actual goberno bolivariano.

Capriles quixo desmarcarse da imaxe de candidato dos ricos e poderososnun con promesas como a de aumentar nun 40% o salario mínimo dos e das venezolanas.

'Ameaza global para EUA'

O director nacional de Intelixencia de Estados Unidos, James Clapper, afirmou durante a súa comparecencia nunha sesión do congreso sobre ameazas globais que enfronta EUA, que a vitoria de Maduro “é esperábel” en virtude das enquisas e sondaxes.

Tamén amosou a súa preocupación polo feito de que ese triunfo supón “unha continuidade na tradición” da política de Hugo Chávez.

Comentarios