Investidura

A CUP da luz verde ao acordo con ERC e apoiará a Pere Aragonès (ERC) como candidato a presidir a Generalitat

A militancia da CUP e as organizacións que a acompañaron nas eleccións apoiaron o acordo cun 59% de votos.
As deputadas da CUP presentan os resultados. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
photo_camera As deputadas da CUP presentan os resultados. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
A militancia da CUP avalou a proposta de acordo asinado polas direccións de ERC e CUP, polo que as súas nove deputadas votarán a favor de investir a Pere Aragonès como presidente de Catalunya.

1.401 militantes tomaron a decisión de xeito telemático, ademais da afiliación da CUP, puideron votar as adscritas a outras dez organizacións coas que acudiu as eleccións.

É dicir: Guanyem Catalunya, Pirates, Arran, Constituents per la Ruptura, Crida Constituent, Endavant OSAN, Lluita Internacionalista, Poble Lliure, Sindicat d’Estudiants dels Països Catalans e La Forja. 

O 59% apoiou a proposta de acordo, mais nunha segunda pregunta o 86% deixou claro que aínda validándoo para garantir a investidura o acordo non colma as súas aspiracións.

Lonxe da maioría absoluta

Co apoio da CUP, os apoios para investir a Pere Aragonès acadan os 42 votos. A maioría absoluta sitúase en 68 escanos, polo que as 32 deputadas de JxCat son imprescindíbeis para que o candidato de ERC sexa elixido na primeira votación.

De non obter maioría absoluta tería que repetirse a votación, onde só precisaría maioría simple para conseguer a Presidencia.

Nestes intres, os medios cataláns informan que a opción de voto máis probable de JxCat é a abstención, polo que faría falla unha segunda votación.

Comentarios