Valoracións do preacordo

A CUP chama a non caer no «erro» de apoiar o pacto

A formación independentista advirte que co apoio a PSOE e Unidas Podemos repetirase o esquema da transición, xa que se pedirá desmobilización ao independentismo axitando a «pantasma de Vox».

Albert Botran, deputado da CUP (Marta Fernández / EP)
photo_camera Albert Botran, deputado da CUP (Marta Fernández / EP)

Desde o pasado domingo 10 de novembro a CUP ten dúas actas no Congreso dos Deputados e após coñecerse o principio de acordo entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias para a conformación dun Goberno central de coalición, o deputado independentista electo Albert Botran chamou a non caer no «erroۛ» do pacto entre as dúas forzas estatais.

Para Botran o acordo non vai servir para conseguir a autodeterminación, a amnistía das e dos presos soberanistas nin os dereitos sociais, e considera que estas cuestións só se logran grazas á mobilización

De consumarse o acordo entre PSOE e Podemos vaticinou que se demandará desmobilización ao independentismo apelando á «pantasma de Vox». Considerou Botran que isto sería repetir o erro do esquema da transición e apelou a non caer nel.  

Comentarios