AíNDA QUE NON FALA DE "RUPTURA"

A CUP acorda "desligarse" do acordo de estabilidade con Junts pel Si

A asemblea que a CUP desenvolve este domingo aprobou unha emenda ao relatorio político no que empraza a formación a se liberar do pacto de estabilidade con Junts pel Si -aínda que non fala expresamente de ruptura- e por avanzar no proces soberanista.

cup
photo_camera [Imaxe: CUP]

Aínda que non fala expresamente de ruptura, a emenda aprobada pola asemblea insta a CUP a ficar liberada do pacto de estabilidade con Junts pel Si “para poder exercer a súa función dinamizadora da ruptura independentista” e para “poder ampliar a base do independentismo pola esquerda”.

Esta emenda considera que o acordo de estabilidade foi unha “prisión” para a CUP, ao entender que limita a súa capacidade de iniciativa e converte esta formación no socio dun Goberno que “non dá pasos cara á ruptura co Estado”.

"Non houbo vontade clara de dar pasos firmes cara á ruptura", recolle a emenda

Engade, aliás, que a CUP “debe ter as mans libres para facerlle oposición ao Goberno”. “Non houbo vontade clara de dar pasos firmes cara á ruptura”.

Referendo unilateral de independencia en xaneiro de 2017

O documento que a asemblea aprobou tamén defende que a formación force a realización dun referendo unilateral sobre a independencia en xaneiro de 2017 e que non se acepten novas eleccións que poidan atrasar o procedemento.

Comentarios