América Latina

Cuba celebra 61 anos da Revolución inmersa nun proceso de cambios

A cónsul xeral na Galiza, Yahima Martínez Millán, salienta en conversa con Nós Diario o momento actual na illa malia o duro 2019, caracterizado polas políticas reaccionarias de Donald Trump con respecto ao seu predecesor no cargo de presidente dos EUA, Barack Obama.
diaz-canel
photo_camera Á esquerda, Miguel Díaz-Canel, actual presidente da República de Cuba, no cargo desde o 19 de abril de 2018 [@DiazCanelB]

A pasada cuarta feira, como cada 1 de xaneiro desde 1959, Cuba celebrou o aniversario do Triunfo da Revolución, que derrocou a ditadura de Fulgencio Batista e deu paso a un controvertido proceso revolucionario na maior das Antillas.

Nestas xa máis de seis décadas, caracterizadas polo enfrontamento co seu veciño do Norte, os EUA, e o bloqueo económico que desde 1960 Washington impón á Habana, a política, a economía e a sociedade cubanas foron mudando, aínda que con demasiada lentitude segundo os seus críticos.

O ano 2020, apunta Martínez Millán, seguirase afondando no proceso de cambios que a sociedade cubana demanda cun dirixente, Miguel Díaz-Canel, enmarcado no "cambio xeracional" e unha nova constitución, aprobada en febreiro.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios