Sexta vítima mortal en Italia polo Coronavirus mentres seguen a buscar o ‘paciente cero’

O número de persoas contaxiadas elévase a 229, que son 80 máis que na hai apenas 24 horas.

Cornavirus Italia (Europa Press)
photo_camera Os últimos balances oficiais desta segunda feira falan de máis de 200 casos diagnosticados por Covid-19 en Italia (Europa Press)

Xa son seis as persoas mortas polo Covid-2019 en Italia. A maioría eran persoas de avanzada idade (entre 77 e 88 anos) e non foi o virus quen causou directamente a morte mais agravou as patoloxías que padecían.

Os últimos balances oficiais desta segunda feira falan de máis de 229 casos diagnosticados por Covid-19 en Italia, a maioría deles (máis de 150) en Lombardía, mais tamén hai casos no Véneto e algúns en Piamonte, dezaseis en Emilia- Romagna e un no Lacio.

“O número de infectados está a aumentar. Somos 150 na rexión e esperamos que as medidas que adoptamos axudan a frear o contaxio", dixo o gobernador de Lombardía,  Attilio Fontana. Italia xa é o terceiro país do mundo, por detrás da China e Corea do Sur, en número de infectados.

50.000 persoas illadas

O goberno italiano emitiou un decreto lei para prohibir a entrada e saída da chamada ‘zona vermella’, as dez vilas da provincia lombarda de Lodi máis próximas a Codogno, o epicentro do brote e en Vo' Euganeo, o pequeno municipio do Véneto, onde se rexistraron os primeiros mortos italianos, un home de 78 anos que nunca estivo na China.

Hai máis de 50.000 persoas completamente illadas. Precisamente é a falta de pezas clave na cadea de transmisión que máis preocupa aos expertos. Aínda que nun principio se pensou que o primeiro paciente ingresado en Codogno, Mattia, un home de 38 anos, fora infectado por un amigo seu que estivo en China días antes e non tiña síntomas, as análises definitivas desbotárono. Por iso, Italia segue buscando o chamado paciente cero.

Comentarios