RELATO DAS ÚLTIMAS HORAS DE CAMPAÑA

Crónicas desde Dunblane: durmir antes de ver un soño

Frenéticas últimas horas antes do referendo. 

20140917_103928

As 5 da mañá e a adrenalina non nos deixa durmir máis. Unha chamada guíanos a estar hoxe en Glasgow moi cedo; onte o teléfono non parou, e hoxe, moito me temo que vai ser igual.

Os compañeiros de Catalunya Pep 600 veñen de camiño e van facer una actividade en Edinburgh… non! Non pode ser en Edinburgh! vai haber un evento importante en Glasgow, movédevos para aí! Mi madriña… como nos metemos neste lío… somos una referencia para moita xente e coordinar todo ás veces é un pouco complexo.

De novo o teléfono, son os organizadores do Rally en Glasgow. Cóntanme que o Concello de Glasgow estalles a pór moitos problemas para o evento: licenzas, megafonía, permisos para bebidas…  sospeitan que queren parar a actividade… soa familiar, non si? O Concello de Glasgow está rexido polos laboristas e ten una reputación semellante á do Concello de Compostela. Doulles ánimos: alí estaremos! Non faltamos! 

Alex Salmond que é un home moi sabio recomenda durmir ben hoxe para enfrontar con entusiasmo a histórica xornada de mañá

Na estación de tren ás 7,30 da mañá xa hai un grupo de traballo de Yes Dunblane… bromean, dinme que durmiron ali… non os creo… ou si? Todo é posible nestes días. Vemos a cada un dos viaxeiros cun “Wee Blue Book”, a información precisa. 

En Glasgow xa é una tolemia. Un acto final de campaña con Blair Jenkins, Tasmina Ahmed-Sheik, Dennis Canavan, Elaine C. Smith, Patrick Harvie e centos de voluntari@s que queren celebrar este día cunha mestura de nerviosismo e esperanza…. Ah mira! Robin McAlpine tamén está… e Mike Small! 
Agradecemos a Christina McKelvie a súa invitación de visitar Yes Hamilton… a benvida, o calor humano, o agradecemento é impresionante, non teño palabras. 

Onte está a campaña do non?, preguntan uns xornalistas pola mañá.  Onde podemos localizar  a xente que vai votar non?, volven a preguntar pola tarde. 

Milleiros de persoas ateigan a Praza George Square con “saltires” e de carteis do YES. Ao lonxe vese unha bandeira británica, anda, mira... pois por aí hai un unionista.... Onte está a campaña do non?, preguntan uns xornalistas pola mañá.  Onde podemos localizar  a xente que vai votar non?, volven a preguntar pola tarde. 

Dende logo, se o Non gaña este referendo, vai ser froito dunha maioría silenciosa que tamén parece que existe en Escocia. Home! Falando de maiorías silenciosas, imaxes de Mariano Rajoy na televisión escocesa para lembrar a todo o mundo neste país que España pode vetar a súa entrada na UE. 

Alex Salmond que é un home moi sabio recomenda durmir ben hoxe para enfrontar con entusiasmo a histórica xornada de mañá... farémoslle caso,  pero antes, pasaremos por Papas en Dunblane... ás veces rematar o día cun fish and chips non é mala idea... e de almorzo, xa sabedes que temos.

Comentarios