Crónicas dende Dunblane: o que espera, desespera

Nova entrega das crónicas da nosa colaboradora Pilar Fernández. Nervios. Moitos nervios. Tensa. Tensa espera.

George Square 18 sept
photo_camera George Square

E aquí estamos, esperando que pechen os colexios electorais ás 10 da noite hora local. Hai estritas normas que impiden dar datos oficiais de sondaxes sobre voto emitido. 

Escocia está ao borde dun ataque de nervios. Todo é posible, absolutamente todo. A participación ven sendo histórica. Ás 10 da mañá en moitos lugares xa se superara a porcentaxe das últimas eleccións xerais. É un dato esperanzador nun censo que supera os 4 millóns de rexistrados, récord na historia desta nación.

Edimburgo punto de encontro

Edimburgo é punto de encontro de delegacións internacionais hoxe. Membros da EFA solidariamente visitan o pais. Atopámonos uns cantos galeg@s...  Que ledicia ver a Ana Miranda, Xavier Vence e Camilo Nogueira por estas terras, e tamén vexo a Noa, e a Jon e a Sandra... e cando me decato, somos un montón! Mi madriña! Que escandalosos somos! non temos remedio! Non desentoamos co que se está a vivir aquí, dende logo. 

O ambiente nas rúas é festivo. De todas partes de Escocia van chegando imaxes de grupos de escoceses que precedidos dun gaiteiro, coma se dunha cerimonia oficial se tratase, van xuntos a votar. Vexo moitos chíos de xente que querendo votar Non, mudou o seu voto no último momento... será a conciencia? Xa veremos.

Agora mesmo empezan a chegar fotos da xente axuntándose na praza George Square de Glasgow... algúns xa a rebatizaron como Independence Square, que así sexa. 

Dunblane é un fervedoiro. Onte nos deitamos coa noticia de que Andy Murray apoiaba o Yes á independencia logo das últimas semanas de tanta negatividade por parte da campaña unionista. Hoxe a súa nai foi votar cunha camiseta cun YES rosado e un sorriso enorme; o seu irmán anunciou tamén no twitter que acababa de votar pola independencia.  Reaccións encontradas, a maioría delas agradecendo este xesto, outro pensan que podía telo dito antes, e outros... en fin... sempre ten que haber actitudes reprobables...

5 da tarde, e na nosa zona superase con creces o 57%... o policía local explícanos que todo está transcorrendo con total normalidade e que a xente está feliz exercendo o seu dereito ao voto... un mal pensamento lévame a comparalo co concepto de democracia que ten o Goberno español... pero hoxe non vou deixar que me amarguen o dia. Mesmo se o Non gaña, esta experiencia é única e hai que desfrutala. 

Agora mesmo empezan a chegar fotos da xente axuntándose na praza George Square de Glasgow... algúns xa a rebatizaron como Independence Square, que así sexa. 

En twitter, xa gañou o YES.

Comentarios