A crise sanitaria frea a tendencia á alza do PSOE

A maioría enquisada polo CIS demanda máis información do Goberno español sobre a COVID-19
Pedro Sánchez anunciou onte un paquete de medidas económicas e adianto de transferencias ás comunidades.
photo_camera Pedro Sánchez, en comparecencia sobre o coronavirus.

estimacion cis abril voto2 BOAO barómetro de abril realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) é o primeiro que se publica con preguntas realizadas desde o estoupido da crise do coronavirus. Precisamente, a emerxencia sanitaria supón un freo na tendencia á alza que viña rexistrando o PSOE en anteriores entregas do CIS. En estimación de voto, o Partido Socialista continúa a ser a primeira forza en apoios e figura este mes en 31,2%, sete décimas por baixo do seu dato de marzo, mais aínda así, segue tres puntos por encima de 28%, porcentaxe de voto que obtivo nas últimas eleccións xerais, realizadas o 10 de novembro. 

O Partido Popular aparece agora cun respaldo de 21,1%, algo mellor que nas xerais do 10-N e un punto e medio por encima do resultado que o CIS lle deu  hai un mes. Unidas Podemos mantense practicamente igual, cun lixeiro descenso, pasando de 12,84 que colleitou nas urnas de novembro a 12% neste mes de abril.  O Bloque Nacionalista Galego mantense cunha estimación de voto de 0,5 %, igualando deste modo o resultado co que recuperou presenza no Congreso nos comicios do 10-N.

Sobre as medidas adoptadas polo Executivo estatal con motivo da crise da COVID-19, 24,7% das persoas enquisadas cren que son necesarias e 72,6% cualifícaas de moi necesarias. 58,3% das entrevistadas sostén que coas accións emprendidas até o de agora serían suficientes para tratar de frear a expansión do virus, mentres que 39,1% demanda que se adopten iniciativas máis estritas de illamento social.

Información da COVID-19

Á pregunta "cre vostede que a información que está a dar o Goberno sobre a COVID-19 é suficiente ou gustaríalle a vostede ter máis información?", máis da metade das persoas enquisadas (54,5%) asegura que lles gustaría dispor de maior información por parte do Executivo. 43,4% manifesta dispor de datos suficientes.

O estudo do CIS inclúe no seu cuestionario unha pregunta para saber se, para evitar noticias falsas, a cidadanía aceptaría a posibilidade de que se controlase ou restrinxise a información e que a única fonte da mesma fose o Goberno. Dúas de cada tres persoas do Estado cren que habería que restrinxir e controlar as informacións estabelecendo unha única fonte de información, fronte a 30,8% que opina o contrario. 

Varias forzas políticas criticaron que o CIS incluíse esta pregunta ao considerar que pon en perigo a liberdade de expresión. 

Comentarios