Covid: A vacina cubana pasa á fase de ensaios

Probarase nun total de 676 persoas de entre 19 e 80 anos.
biocuba_granma
photo_camera Sede do Grupo das Industrias Biotecnolóxica e Farmacéutica.

Os equipos investigadores en Cuba continúan a avanzar no desenvolvemento dunha vacina propia para facer fronte á Covid-19, e segundo acaban de anunciar o 24 de agosto o proceso pasará á fase de ensaios clínicos, aínda que a publicación dos resultados non está prevista até febreiro de 2021.

Nesta fase inicial, a vacina, de dúas doses e bautizada como "Soberano 01", probarase nun total de 676 persoas de entre 19 e 80 anos. Este proceso estenderase até o vindeiro 11 de xaneiro.

Os resultados estarían dispoñíbeis o 1 de febreiro para ser publicados o día 15 do mesmo mes.

Cuba conta cunha destacada industria biotecnoloxía e farmacéutica que lle permitiu desenvolver vacinas contra a meninxite, o cancro de pulmón (terapéutica) e os tumores sólidos, entre outras enfermidades.

O grupo Biocubafarma  produce o interferón alfa 2B e outros 22 medicamentos para o tratamento da Covid-19.Entre eles, o interferón alfa 2B medicamento empregado na China no combate contra a pandemia, e que están a demandar diferentes estados para facer fronte ao coronavirus.

Comentarios