Correos intercepta unha carta con balas de 38mm dirixida ao ex presidente Zapatero

No sobre tamén ía unha carta

[Imaxe: Wikipedia] Zapatero

Correos intercepta unha carta con balas de 38mm dirixida o ex presidente Zapatero. Segundo fontes de Interior citadas pola Sexta, o centro automatizado de Correos en Vallecas interveu un sobre con 2 balas e unha nota dirixida a José Luis Rodríguez Zapatero.

O escáner detectou os dous cartuchos xunto unha nota e o feito púxose en coñecemento das autoridades, que xa están a analizar o contido da misiva e tratando de identificar o remitente.

Zapa, alimaña daniña, insulsa, ignorante que fixo e segue facendo tanto dano a España. Oxalá rebenten as meninxes polas cellas”, poñía na nota.

"Zapa, alimaña daniña, insulsa, ignorante que fixo e segue facendo tanto dano a España”, poñía na nota.

A nova coñécese poucas horas despois de informar medios españois de que Mossos d' Esquadra investigan o envío dunha carta con balas dirixida á presidenta da Comunidade de Madrid e candidata do PP nas eleccións madrileñas, Isabel Díaz Ayuso.

Esta carta sería a sétima interceptada na última semana dirixida a líderes políticos. As tres primeiras chegaron o pasado 21 e22 ao Ministerio do Interior dirixidas ao seu titular, Fernando Grande- Marlaska; a directora da Garda Civil, María  Gámez, e o líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias.

Após coñecer a carta dirixida ao ex presidente do Goberno español, Pedro Sánchez condenou de maneira "rotunda" a ameaza:  "Esas balas van dirixidas contra a convivencia, contra a democracia". E pediu, a través de Twitter, "deter esta espiral de odio que ataca directamente os nosos valores". "Non permitamos que a rabia se instale na sociedade", dixo.

Comentarios