EUA prepárase para a súa peor semana da COVID-19: "Será o noso momento Pearl Harbor”

Supermercado nos EUA (Polaris/EP).
photo_camera Supermercado nos EUA (Polaris/EP).

O principal portavoz do Goberno dos Estados Unidos sobre cuestións de saúde pública, Jerome Adams, emitiu un duro aviso aos habitantes do seu país, onde hai 318.000 persoas contaxiadas pola COVID-19 e a cifra de vítimas mortais supera as 9.000..

Jerome Adams, director xeral de saúde pública de EUA, dixo nunha entrevista televisiva con Fox News que para moitas e moitos estadounidenses os vindeiros días serían "os máis difíciles e máis tristes da súa vida", debido á traxectoria da curva da COVID-19.

"Esta será a semana máis difícil e máis triste da vida da maioría dos estadounidenses, francamente. Este será o noso momento Pearl Harbor, o noso momento 11 de setembro, só que non se localizará [nunha cidade ou estado], dixo. "Vai pasar por todo o país. E quero que os Estados Unidos o entendan."

Anthony Fauci, director do Instituto Nacional de Alerxias e Enfermidades Infecciosas, tamén prognosticou que "será unha semana mala", nunha entrevista con CBS News,mais apontou que confía en que após esta semana comece a mellorar a situación.

Nova York é o punto máis afectado pola pandemia en EUA, con 122.000 persoas contaxiadas e máis de 4.000 vítimas mortais. Este domingo o número de falecementos neste estado baixou por vez primeira desde o inicio da pandemia: 594 fronte aos 630 da pasada sexta feira..  

Comentarios