O coronavirus ameaza cunha grave recesión

A máis que segura grave recesión económica que virá, segundo algunhas voces, "servirá aos poderes económicos para facer unha nova política de axustes contra as clases traballadoras".
A man is seen looking at the digital market boards at the Australian Stock Exchange (ASX) in Sydney, Monday, March 9, 2020. The Australian share market has had its worst morning since the Global Financial Crisis in 2008, as the escalation of the coronavirus stifles international economic growth. (AAP Image/Bianca De Marchi) NO ARCHIVING
ONLY FOR USE IN SPAIN

A man is seen looking at the digital market boards at the Australian Stock Exchange (ASX) in Sydney, Monday, March 9, 2020. The Australian share market has had its worst morning since the Global Financial Crisis in 2008, as the escalation of the coronavirus stifles international economic growth. (AAP Image/Bianca De Marchi) NO ARCHIVING

3/9/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Un home observa as táboas do mercado bolsista australiano, ao inicio desta semana (AAP / DPA)

O Fondo Monetario Internacional (FMI) sinalou na quinta feira que a pandemia de coronavirus terá un "impacto substancial sobre a actividade económica mundial". A habitual conferencia de prensa quincenal en Washington do portavoz do FMI, Gerry Rice, realizouse inusualmente en modo virtual, dado o avance do coronavirus nos Estados Unidos, onde xa se superaron os mil infectados.

O FMI xa daba por feito que a economía mundial crecerá en 2020 a un ritmo inferior ao 2,9% rexistrado en 2019, despois de que o pasado mes de xaneiro anticipase unha expansión de 3,3%, unha vez que o alcance da crise provocada polo coronavirus superou o escenario base da institución. O FMI manexa "escenarios máis adversos" para as súas novas previsións económicas, que dará a coñecer a mediados do próximo mes de abril.

No caso concreto da economía española, o FMI fixo público na cuarta feira o seu informe anual de previsións, que son "sumamente incertas a curto prazo polo impacto do coronavirus".

Considera que en 2019 xa se estaba desacelerando a actividade pola incerteza interna e, especialmente, a externa, mais agora engade que "as perturbacións temporais sobre as cadeas de subministro, o comercio, o turismo e o consumo interno ralentizarán aínda máis o crecemento en 2020". O PIB deste ano medrará con toda seguridade menos do 1,6% previsto antes do contaxio.

Crise sistémica

Esta percepción, da ralentización previa da economía, vai na liña do defendido desde unha perspectiva mundial polo profesor e investigador Joan Benach, que nun recente artigo sinala: "Un primeiro paso necesario é non enganarnos coas informacións incompletas, emocionais ou tóxicas do relato mediático hexemónico do coronavirus e tratar de comprender a crise sistémica que oculta".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios