Corinna Larsen empregou 12 sociedades 'offshore' cando estaba con Juan Carlos I

Investigación da Fiscalía de Suíza.
Corinna Larsen asegura que Xoaán Carlos I lle pediu casar (Imaxe: Europa Press)
photo_camera (Foto: Europa Press)

A Fiscalía suíza segue a furar no entramado financeiro que Corinna Larsen e a súa contorna deseñou para ocultar e xestionar os o seu patrimonio na sombra. Agora as indagacións suízas apuntan como os avogados da  amante  do rei emérito español Juan Carlos I e ela mesma crearon un armazón de polo menos 12 sociedades  offshore e contas opacas en paraísos fiscais mentres estaba co monarca.

Segundo publica El País, as contas opacas de  Corinna serviron, entre outras cousas, para recibir doazóns do emérito e comprar propiedades conxuntas con Borbón.

Detrás de todas estas sociedades offshore con sedes a miles de quilómetros da súa residencia, Larsen xestionou o patrimonio millonario que fixo na sombra do emérito. Perante as preguntas da xustiza suíza Larsen xustifica a legalidade de todas accións, argumentos que non convencen, xa que o caso contra as actividades do  ex amante do Borbón continúa.

Detrás de todas estas sociedades offshore con sedes a miles de quilómetros da súa residencia, Larsen xestionou o patrimonio millonario que fixo na sombra do emérito

A doazón que fixo Juan Carlos I á súaamante o ano 2012 hai tempo que saíu á luz, agora, con todo, sábese que esta transferencia "irrevogábel" fíxose á sociedade instrumental  Solare de  Corinna. Facer a transferencia a esta sociedade permitíalle ingresar esta doazón no paraíso das  Bahamas.

"A decisión tomouse porque acostumo visitar  Bahamas e amo este lugar. Sendo residente monegasca podía abrir unha conta onde quixese no mundo sen consecuencias fiscais. Creo que é preferíbel non poñer todos os activos no mesmo sitio", declarou.

Despois de que a súa xenerosa doazón fóra a parar a unha sociedade nun paraíso fiscal, as contas opacas da súa amante seguen ligando o nome do emérito a actividades sospeitosas para a xustiza.

Larsen e os seus avogados optaron por crear outra sociedade para comprar con Juan Carlos I dous apartamentos na estación de esquí en Suíza,  Villars-sur- Ollon. A sociedade foi bautizada como  Siam  Partners S. a. un estaba destinada a recibir "préstamos" do emérito, quen os fixo a través da súa fundación en  Panamà  Lucum.

Comentarios