Corea do Norte confirma o lanzamento dun novo mísil e proclámase estado nuclear

É o mísil intercontinental máis potente até o de agora que disparou Pyongyang.

Mísil Corea do Norte

 Pyongyang lanzou un novo mísil, após dous meses de inactividade, que tras alcanzar un novo récord de altura, acabou no mar de Xapón, a algo máis de 200 quilómetros das costas niponas. Nun boletín da televisión norcoreana a presentadora. detallaba que o mísil voou 950 quilómetros e alcanzou a maior altura ata a data dun proxectil norcoreano

O mísil intercontinental “dispón dunha oxiva especialmente grande e capaz de atacar calquera punto de Estados Unidos”, asegurou a axencia oficial norcoreana, KCNA.

A proba é a vixésima do ano. “Kim Jong-un declarou con orgullo que logramos finalmente a nosa gran causa histórica de completar un Estado de forza nuclear, a causa de crear unha potencia de mísiles”, dixo na TV norcoreana a veterana presentadora Ri Chun-hee. O presidente dos Estados Unidos abordou cos seus homólogos do Xapón e de Corea do Sur a situación. En resposta ao ensaio balístico, Xapón lanzou varios mísiles para 

Comentarios