Continúan as detencións de activistas dos CDR

Os Mossos deteñen unha integrante dos Comitès de Defensa de la República polo bloqueo da estación de Sants durante a greve do 8N. Hai uns días detiveron 5 membros en Lleida.

lleida sixena catalunya 155 imaxde de @CDRsLleida
photo_camera Un protesto contra 155. Imaxe: @CDRsLleida

Axentes dos Mossos d’Esquadra destiveron na mañá desta cuarta feira una activista dos CDR (Comitès de Defensa de la República) a raíz do corte de vías na estación de Sants durante a greve xeral do 8 de novembro. Os CDR cualificaron aquel ato como “mobilización lexítima” e chaman a se concentrar perante a Ciutat de la  Justícia, onde se espera que a detida pase a disposición xudicial.

Hai uns días, os Mossos detiñan cinco activistas do CDR de Lleida acusados de atentado á autoridade e desordes públicas por intentar entrar na Subdelegación do goberno español p 25 de marzo pasado, após a manifestación en protesto pola detención en Alemaña de Carles Puigdemont. Os cinco ficaron en liberdade após declarar en comisaría.

A primeira operación contra os Comitès foi 10 de abril e protagonizouna Policía Nacional e Mossos. Nela, detiñan Tamara Carrasco, á que situaban como a suposta ‘cerebro’ dos CDR; e 6 activistas máis.

Comentarios