Chipre reabre os bancos con medidas para evitar a fuga de capitais

Voltan a abrir hoxe os bancos chipriotas após 10 días de feche consecutivo. Mas o corralito non se levanta. As restricións para as retiradas de fondos mantéñense. Só se poderá tirar 300 euros en metálico ao día por persoa.

O acordo UE-Chipre non cancela o corralito. As persoas non poderán dispor libremente dos seus fondos. Viólase así a liberdade de circulación de capitais e o acceso sen restrición aos patrimonios privados.

Nicosia adopta severísimas medidas para evitar a fuga de capitais ao estranxeiro, mas tamén para impedir que se produza unha retirada masiva de fundos que eventualmente levase ao colapso do conxunto do sistema bancario.

Só safa da restrición o uso de cartóns de crédito no interior do país, que será sen límite. Non así no estranxeiro: só se poderá gastar até 5.000 euros.

Após o Parlamento de Nicosia ter votado en contra das condicións do regaste planificado en primeira instancia polo Eurogrupo (que estabelecía unha taxa universal para todos os depósitos), a UE acordou con Chipre que a imposición sobre os aforros só recaería nas contas correntes con máis de 100.000 euros.

Porén, o corralito mantense. As autoridades informan que só por espazo de 4 días, mas ninguén está en condicións de asegurar que, esgotado ese prazo, os chipriotas poderán recuperar o 100 por 100 dos seus aforros.

Comentarios