Continúa o drama en Cisxordania: Israel asasina un mozo palestino de 23 anos

No que vai de 2023, o exército israelí asasinou un total de 89 cidadáns palestinos segundo indican fontes do Goberno de Palestina.
Soldados israelís en Palestina. (Foto: Nasser Ishtayeh / Zuma Press / Contactophoto)
photo_camera Soldados israelís en Palestina. (Foto: Nasser Ishtayeh / Zuma Press / Contactophoto)

Autoridades de Palestina informaron na madrugada deste sábado do asasinato dun mozo palestino na entrada norte da cidade de Ramala, en Cisxordania ocupada polas forzas de Israel.

Tras os disparos, os soldados do exército israelí provocaron a morte de Yazan Omar Khasib, quen tiña só 23 anos, no posto de control militar israelí situado á entrada de Ramala.

Os soldados, ante o seu estado crítico, negaron o acceso de ambulancias e persoal médico palestino e retiveron o cadáver de Khasib durante case dúas horas, antes de entregalo aos seus familiares, segundo explican fontes achegadas ás autoridades palestinas.

De igual maneira, os militares israelís fecharon o posto de control ao tráfico palestino.

Manifestación contra a colonización

Por outra parte, a plataforma Palestina reportou que as forzas de ocupación israelí reprimiron de forma brutal a manifestación contra a colonización na cidade mencionada.

De acordo á institución palestina elévanse a 89 o número de palestinos asasinados polas forzas de ocupación israelís desde principios de 2023, entre eles 17 nenos e unha anciá.

Así mesmo o réxime do Estado de Israel arrestou tres adolescentes palestinos na cidade de Xerusalén. En consecuencia, Palestina Libre puntualizou que as cifras dos falecidos en 2022 ascenderon a 220 mortos.

Comentarios