Catalunya

O Constitucional carga contra Torrent por abrir un debate sobre a DUI

Após as advertencias realizadas esta semana polo Tribunal Constitucional ao president do Parlament de Catalunya, Roger Torrent, por levar a debate do pleno unha proposta do grupo da CUP sobre o dereito de autodeterminación, o TC volve cargar contra Torrent na sexta feira 15 de novembro.- 
 
Roger Torrent
photo_camera Roger Torrent

O Constitucional sentencia que o president do Parlament, Roger Torrent, vulnerou os dereitos da oposición ao tramitar en 2018 unhas emendas da CUP sobre unha proposta de resolución que reiteraba a Declaración unilateral de independencia (DUI) de 2017.
Desta maneira, no fallo do Tribunal acéptase o recurso que Ciudadanos apresentara contra o membro de ERC e presidente da Cámara. 

O fallo indica que se vulnerou o dereito da oposición para exercer as funcións representativas e anula a decisión da Mesa do Parlament pola que se admitiran a trámite esas emendas.

A proposta non se chegou a votar 

A orixe deste confronto atópase en 2018. Junts apresentara unha proposta de resolución que pedía lexitimar Puigdemont como president. A CUP apresentou varias emendas a esa proposta coas que buscaban que o Parlament reafirmásese a DUI.

A Mesa tramitouna e, pese a que non se chegou a votar, xa que Junts e a CUP cambiaron o texto e xa non se falaba da DUI, Cs aprsentou a recurso diante do TC pola simple decisión da Mesa de tramitar as emendas da CUP. Agora o tribunal dá a razón ao partido españolista. 
 

Comentarios