O Consello Europeo propón máis control dos Fondos de Recuperación poscoronavirus para convencer a Holanda

A segunda xornada de negociacións trouxo unha nova proposta que rebaixaría os subsidios que recibiría o Estado español.

Emmanuel Macron, presidente de Francia, xunto a  Charles Michel, Presidente do Consello Europeo (European Union )
photo_camera Emmanuel Macron, presidente de Francia, xunto a Charles Michel, Presidente do Consello Europeo (European Union )

A xornada de negociación deste sábado no Consello Europeo para decidir o futuro do Plan de Recuperación Económica para os países afectados pola Covid-19 continúa sen acordos mais si con melloras. Esta sexta feira pasada as posicións entre os denominados “frugais”, Austria, Dinamarca, Países Baixos e Suecia era intransixente e as concesións posíbeis eran inaceptábeis para estados como o español ou o italiano. Agora teñen unha nova proposta que podería esquivar o veto do primeiro ministro holandés, Mark Rutte.

A última hora o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, incluíu a posibilidade, segundo informa Europa Press, de que un só país podería solicitar, se ten dúbidas sobre algún dos plans que se poñan en marcha, unha reunión extraordinaria a nivel de ministros de Finanzas e incluso un cumio de xefes de Estado e de Goberno.

Para o Estado español, este enfoque sobre a condicionalidade “segue a ser un obstáculo”, segundo fontes da Moncloa.

Menos transferencias directas

A nova propuesta recolle tamén un plan de recuperación que respectaría os 750.000 millóns de euros que se acordaron mais rebaixaría as transferencias directas aos países en 50.000 millóns, polo que quedarían en 450.000 millóns, a favor dos préstamos reembolsábeis, que aumentarían até 300.000 millóns.

Nestes 450.000 millóns en transferencias directas, os Estados recibirían 325.000 millóns en subvencións a través do Fondo para a Recuperación e a Resiliencia, o apartado máis importante do plan, que incrementaría en 15.000 millóns de euros a proposta anterior. A cantidade restante iría sería a través doutros programas que tamén terían recortes.

Comentarios