A presidenta da Cámara de Representantes, Nancy Pelosi, anunciou esta quinta feira, 5 de decembro, que dera a orde aos deputados do Partido Demócrata para redactaren os cargos de acusación contra Donald Trump, dentro do proceso de impeachment ou destitución do mandatario estadounidense polo escándalo da Ucraína.
O obxectivo é estabelecer un rápido calendario que culmine cunha votación antes do Nadal para determinar se o presidente estadounidense é finalmente acusado. “Os seus [por Trump] delitos son un golpe ao corazón da nosa Constitución”, sinalou Pelosi nunha breve comparecencia de pouco máis de cinco minutos, recollida polos medios locais.
The President is a continuing threat to our democracy and leaves us no choice but to act. I am asking our Chairmen to proceed with articles of impeachment. #DefendOurDemocracy
— Nancy Pelosi (@SpeakerPelosi) December 5, 2019
“A nosa democracia é o que está en xogo. O presidente non nos deixa outra opción que actuar porque está a tratar de corromper, máis unha vez, as eleccións para o seu beneficio propio”, declarou, e asegurou que no transcurso destes dous últimos de investigación “quedou claro” que Trump ─”un perigo para a nosa República”─ violara o seu xuramento no cargo ao presionar un país estranxeiro para conseguir axuda para as vindeiras eleccións de 2020.