O congreso ‘Bicentenario dos Pobos’ apoia a “lexítima loita” de Galiza pola súa autodeterminación

Máis de 500 delegados e delegadas de ducias de países tomaron parte no cumio que nestes días decorreu en Caracas.

Congrso bicententario pueblos

Estes días decorreu en Caracas o Congreso Bicentenario dos Pobos e a XIX cimeira de xefes de Estado e de Goberno da ALBA-TCP – Alianza bolivariana para os pobos de América- Tratado de comercio dos pobos -, a alianza política, económica e social entre estados de América latina e o Caribe do que fan parte unha decena de países.

Unha xuntanza celebrada no marco do 200 anos da Batalla de Carabobo, que consolidou o camiño de Venezuela cara á súa independencia de España.

O Congreso sumou na capital venezolana organizacións, sindicatos, movementos e activistas de todas as partes do mundo para construír unha “axenda común” na que fixar 10 “grandes metas” para a esquerda antiimperialista e anticolonial.

No marco do Congreso, no que tomaron parte máis de 500 delegados e delegadas procedentes de diversos países, houbo diferentes debates en mesas sectoriais e no plenario, así como manifestos e resolucións. No manifesto clave desta cita, ‘De Caracas ao mundo: Manifesto do Bicentenario da Batalla de Carabobo’ hai unha referencia explícita ao “lexítima loita” da Galiza pola súa autodeterminación.  

“Manifestamos a nosa solidariedade cos pobos de Porto Rico, Galiza, País Vasco, Cataluña e as Illas Canarias na súa lexítima loita pola autodeterminación”.

Ao encontró acudiron convidadas delegación de diferentes formacións, como o BNG, EH Bildu ou a CUP. Rubén Cela, que asistiu en representación da Fundación Galiza Sempre o Bloque, apuntaba que a importancia desta resolución aprobada no Congreso reside en que “formaría parte dos acordos q se votaron conxuntamente da XIX cimeira da ALBA-TCP, é dicir, entre outros, o presidente de Venezuela, de Nicaragua ou Bolivia votaron a favor do noso dereito á autodeterminación”

ALBA está integrado por Cuba, Venezuela, Bolivia, Nicaragua, Dominica, Antigua e Barbuda, Granada, San Cristóbal e Neves, e Saint Vicent & Granadines.

Comentarios