No confinamento, falar vasco “con máis xente e en máis ocasións”

Todos os días, até o 3 de maio, a iniciativa Etxealditik Euskaraldira fornece propostas e medidas para gañar espazos e falantes para o euskera.

xanela varanda
photo_camera As organizadoras solicitaron ás participantes que penduren un punto de cor nos seus balcóns ou fiestras, como mostra da súa participación na proposta desde o confinamento.

Aproveitar o confinamento para gañar falantes e espazos para a lingua vasca. Isto é o que propón a iniciativa Etxealditik Euskaraldira. Todos os días entre 21 de abril e 3 de maio, explica Nationalia, as promotoras da iniciativa publicarn vídeos e mensaxes con reflexións a realizar e propostas para aumentar o uso da lingua.

Os materiais pódense atopar na páxina de Facebook de Euskaraldia e tamén nas súas contas de Twitter e Instagram.

As organizadoras solicitaron ás participantes que penduren un punto de cor nos seus balcóns ou fiestras, como mostra da súa participación na proposta desde o confinamento.

Euskaraldia, un "exercicio social"

Etxealdik Euskaraldira é unha iniciativa que fai parte dunha iniciativa máis ampla, Euskaraldia, que foi promovida en 2018 por diversas asociacións e institucións vascas. Definida como un "exercicio social" para aumentar o uso social da lingua vasca - falalo "máis, con máis xente e en máis ocasións", segundo o seu lema - a través dun cambio nos hábitos lingüísticos.

Comentarios