SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO

As condenadas lamentan a sentenza: “É un día triste para a democracia”

As primeiras valoracións dos presos e presas independentistas sobre a resolución do alto tribunal que lles impón importantes condenas de prisión plásmanse nas redes sociais. 

Romeva, Mundó, Turull i Rull após saír da prisión de Estremera

“Se xulgasen os feitos, absolveríannos. Como xulgaron as ideas, condenáronnos”. Así se expresou Josep Rull, ex membro do Govern e preso independentista, na súa conta de twitter pouco despois de se coñecer a sentenza que condenaba as persoas xulgadas no Supremo polo ‘procès’. A el o alto tribunal condénao a 10 anos e medio de cárcere.

Un medio, as redes sociais, ás que recorreron outras condenadas, como Carme Forcarell (11 anos e medio de prisión), que considera que “hoxe a democracia vive un día escuro”, engadindo que “o derrotismo non nos vencerá”.

“Ningunha sentenza mudará as aspiracións políticas de millóns de cidadáns”, escrebe pola súa banda o ex conseller Raül Romeva.

Comentarios