Colexio de Médicos de Valencia rexeita que para exercer na comunidade haxa que saber valenciano

 “Podemos entender que o valenciano sexa un mérito, pero nunca un requisito que impida o acceso aos postos de traballo”, din.

 

Persoa a doar sangue. (Foto: Europa Press).
photo_camera (Foto: Europa Press)

O Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Valencia ( ICOMV) oponse frontalmente a que o valenciano ou catalán de Valencia sexa requisito indispensábel para exercer a praxe médica neste territorio.

Desde o Colexio entenden que é “completamente inaceptábel” que o valenciano sexa un requisito indispensábel para poder traballar na Comunidade Valenciana “porque, con isto, o único que se vai a conseguir é que os médicos se vaian”.

“Coa falta de profesionais que sufrimos, de verdade cren que impoñendo o valenciano garanten a saúde da poboación?"

“Coa falta de profesionais que sufrimos, de verdade cren que impoñendo o valenciano garanten a saúde da poboación? Non debería primar o dereito á saúde por encima de todo?”, pregúntase o colexio nun comunicado: “Podemos entender que o valenciano sexa un mérito, pero nunca un requisito que impida o acceso aos postos de traballo”.

Neste comunicado,afirman que a pandemia puxo sobre a mesa os problemas que sofre o sistema sanitario: “Vimos como non hai suficientes facultativos médicos, non temos plan  B. Por moito que se necesite reforzar os persoais se non hai médicos non se pode facer nada. Non dan as cifras”.

Comentarios