Os coletes amarelos dobran a aposta e intensifican a presión sobre Macron

O movimento volta a gañar forza nas rúas, con novos choques coas forzas policiais.

revolution
photo_camera Foto de @GiletsJaunesGo

Miles de persoas, segundo fontes do goberno por volta de 50 mil, voltaron a vestir chaleques amarelos este sábado en Francia, a demostrar que o conflito social continúa aberto e que a presión sobre o Eliseo non decae a pesar das concesións feitas por Emmanuel Macron.

A mobilización non estivo exenta de tensión e mesmo de gromos violentos, con novos choques nas rúas entre manifestantes e policías. A temperatura subiu varios graos a respeito de lances anteriores no oitavo sábado en que os coletes amarelos levan as súas protestas aos espazos públicos do país.

A resposta do Goberno? Basicamente a de elevar o ton de irritación e a virulencia dos ataques dialécticos a un movimento que se caracteriza polo seu carácter amorfo e acéfalo. Macron non consegue derrotar un inimigo que en parte é invisíbel -con quen negociar?-, a pesar da súa grande capacidade para se facer presente non só nas rúas, senón tamén nos palcos dos mass media.

En París os coletes tentaron chegar a unha Asemblea Nacional fortificada pola policía. Rexistráronse nesa altura confrontos entre as forzas de seguranza e pequenas brigadas de manifestantes violentos. Houbo por volta de 20 persoas detidas.

Comentarios