Coca-Cola, Nestlé e Pepsi, as tres maiores contaminadoras de plástico

É o resultado dunha investigación feita polo movemento ‘Break Free fron Plastic’, formado por ONGs, universidades e diferenets colectivos.

coca cola

Por segundo ano consecutivo, Coca-Cola sitúase á cabeza da lista de maiores contaminadores mundiais por plástico, un liderado que ostenta por segundo ano consecutivo.

Máis de 72.000 persoas voluntarias de colectivos e movementos de 51 estados recolleron perto de medio millón de residuos de plástico: bolsas e botellas conformaban a maior parte destes residuos. Calcúlase que para que unha botella de plástico no océano se descompoña teñen que pasar 450 anos.

De acordo con Break Free From Plastic, Coca-Cola lidera o ránking de maiores contaminadores por plástico pois foron atopadas 12.000 envoltorios de produtos Coca-Cola en 37 estados. Esta compañía foi a que máis lixo plástico xerou en África e en Europa. Nos Estadios Unidos, a Nestlé é líder, seguida pola Solo Cup Company e a Starbucks. 

Comentarios