CIU e ERC asinan un acordo "para cumpriren co mandato do pobo"

Artur Mas (CIU) e Oriol Junqueras (ERC) rubricaron un acordo para a gobernabilidade de Catalunya en que se contempla de forma explícita convocar un referendo pola independencia en 2014. Mas sinala que este pacto procura "cumprir a vontade do pobo", mentres que o voceiro de Esquerra convida de xeito explícito a Iniciativa e CUP a partillar o proceso
pacto ciu erc

"Durante anos moita xente dubidou que este momento puidese chegar. Mais chegou. Teremos moitos adversarios, moi poderosos e que actuarán sen ningún escrúpulo. A sociedade catalá ten que ser consciente diso". CIU e ERC asinaron un acordo para a gobernabilidade de Catalunya que completa de forma clara a convocatoria dun referendo pola independencia en  2014. Non hai volta de folla nin volta atrás, as dúas forzas máis votadas nas eleccións catalás asinaron un pacto pola cal se pon prazo á consulta pola autodeterminación.

Artur Mas afirma que con este acordo "se cumpre a vontade do pobo" expresada nas urnas o pasado mes de novembro. Oriol Junqueras, pola súa banda, fixo un chamamento a ICv e as CUP para se sumaren ao proceso de "poñer o futuro de Catalunya nas mans da súa cidadanía".

 Ademais da consulta, o pacto contempla un novo marco fiscal, en que se estabelecerán subas de impostos para evitaren os recortes e apuntalar os servizos sociais. 

O documento asinado pódese ler aquí.

Comentarios