O CIS sitúa o PSC á cabeza da carreira electoral en Catalunya

Os socialistas serían os máis votados nas eleccións cataláns, ERC sería a segunda forza e JxCat a terceira. Perigaría a maioría independentista no Parlament.

catalunya quim torra
photo_camera Imaxe de arquivo do Parlament

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) prevé que o PSC (23,9%) obteña entre 30 e 35 escanos nas eleccións catalás, polo que se convertiría na primeira forza do Parlament.

Os socialistas superarían ERC (20,6%), que obtería entre 31 e 33, e JxCat (12,5%) ficaría con entre 20 e 27 representantes.

Con intervalos tan amplos, o bloque independentista podería obter entre 59 deputados e 71. A Cámara catalá consta de 135 escanos, sendo a maioría absolta 68.

Con intervalos tan amplos, o bloque independentista podería obter entre 59 deputados e 71. A Cámara catalá consta de 135 escanos, sendo a maioría absolta 68.

Estes resultados contrastan coa última enquisa do Centro de Estudos de Opinión (CEO) de decembro, na que se indicaba que ERC gañaría as eleccións con 35 escanos e JxCat sería segunda forza con 30-32 deputados. O PSC só obtiña 25.

Segundo a enquisa do CIS, que se fixo pública hoxe, Ciudadanos converteríase na cuarta forza do parlamento con 13-15 deputados (9,6%). En Comú Podem obtería entre 9 e 12 (9,7%), a CUP entre 8 e 11 (6%) e o PP, 7 (5,8%).

Vox entraría con forza na cámara catalá cun intervalo de 6 escanos a 10 (6,5%), de modo que podería superar ao PP, que tería 7.

O PDeCat non obtería representación.

Comentarios