Do 21 ao 24 de agosto

A CIG participará nas protestas contra o G7 en Biarritz

Movementos sociais, sindicatos e organizacións políticas organizan un amplo programa de actos alternativos á xuntanza do G7 que se celebrará en Biarritz (Iparralde, Euskal Herria) entre o 24 e o 26 de agosto. A CIG estará presente nas protestas.
G7 Trump
photo_camera Imaxe dunha xuntanza recente do G7. Foto: cedida.

O sindicato nacionalista participará da reunión preparatoria do contracumio o 22 de agosto e na manifestación que marchará entre Hendaia e Irún convocada pola Plataforma G7EZ. Os actos inclúen ademais conferencias, obradoiros e actividades culturais “enfocadas en sete temas centrais de loitas: capitalismo, medio ambiente, feminismo, diversidade e liberdade dos pobos, democracia social, solidariedade, loita contra as guerras e o imperialismo, e migracións.

A CIG asinou o manifesto de adhesión ao contracumio, Non ao G7! Xuntas, construíndo un novo mundo. O texto denuncia “o sistema capitalista” que representa a cimeira, reivindica a existencia de “alternativas” para “construír un novo mundo” e afirma que o G7 se reúne “nun pobo con carácter e historia singular, un pobo chamado Euskal Herria, un pobo que quere tecer alianzas e realizar un traballo en común con outros pobos do mundo e con todas aquelas persoas que loiten nesa dirección”.

Comentarios