Seis cidades corsas apostan na inmersión lingüística

O proxecto procura mellorar a aprendizaxe do idioma propio de Córsega. Decorrerá nas principais urbes e localidades do país: Ajaccio, Bastia, Ghisonaccia, Porto-Vecchio, Sartène e Rousse.

Ajaccio
photo_camera Ajaccio

Seis cidades de Córsega impulsan un proxecto de inmersión lingüística en corso, nunha aposta pola defensa e promoción do idioma propio desta illa baixo soberanía francesa e con goberno de coligazón autonomistas-nacionalistas-independentistas desde as pasadas eleccións de decembro. Ajaccio, Bastia, Ghisonaccia, Porto-Vecchio, Sartène e Rousse son as localidades

“A inmersión é un método de aprendizaxe que permite aprender a lingua mentres se practica”, afirma Benjamin Pereney, un dos responsábeis do proxecto. “Suponse que unha morea de xente coñecen o idioma mais non o falan por medo ou porque consideran que non dominan de abondo o corso”, explica Pierre Arrio, outros dos responsábeis. “É aí onde debemos actuar, animar e incentivar á xente a falalo, sen necesidade de pasar antes por clases de gramática”.

O número de persoas que saben falarcorso móvese entre as 80 e as 130.000 persoas, dun total de 280.000 habitantes da illa.O corso é unha lingua románica, derivada do latín. Non está recoñecida como dioma oficial nesta illa baixo soberanía francesa, tendo só un estatus de 'língua rexional'. A Unesco ten advertido sobre o risco de desaparición deste idioma. En 1980, por volta do 80% dos habitantes da illa tiña algún coñecemento de corso. A porcentaxe caeu o 50% na década dos 90.

Comentarios