Nicosia tenta que Rusia se implique nun rescate tras rexeitar o Parlamento o de Bruxelas

O Parlamento chipriota botou polo chan as condicións do plan de rescate deseñado por Bruxelas, que sofre a primeira 'derrota'. A Eurozona reprocha a Chipre a decisión e advirten: "Tomamos nota". O goberno mira agora a Rusia, que comprometera achegar 2.500 millóns de euros, como apoio principal.
Chipre
photo_camera Chipre

Rusia, quen era a que moitos apuntaban como a gran perdedora do rescate a Chile aprobado por Bruxelas, pode ser a gañadora. O parlamento chipriota rexeitou as condicións do rescate (con quita aos depósitos bancarios incluída), e evitou un estoupido social. Ningún deputado chipriota votou a prol, nen sequer os da maioría gobernante. O presidente de Chipre convocou para esta cuarta feira a todas as forzas con representación parlamentar para intentar atinxir un acordo. Pode mesmo que se volva votar o plan de Bruxelas, suavizando máis aquita aos depósitos. Mais o executivo bota contas e teme non poder reunir os 5.800 millóns de euros que UE e FMI exixen a Nicosia a cambio dos 10.000 millóns do rescate. 

Por iso o executivo de Chipre estaría traballando nun plan B, destacan medios da illa, que pasa por lograr un apoio e Rusia. Rusia comprometeu 2.500 millóns de euros para rescatar a economía de Chipre. Unha illa na que os rusos teñen aforros por valor de 200.000 millóns de dólares. De aí que a quita fixada por Bruxelas sobre os depósitos repercutise de xeito moi notábel en Rusia.

As draconianas condicións impostas para o rescate víronse como unha "verdadeira humillación"nacional , como se Chipre fose unha simple colonia de Alemaña. 

Derrota da troika?

Bruxelas leva un Non dun Parlamento, algo nada habitual desde que comezou a crise. As políticas do centro da UE provocan un amplo rexeitamento social en toda a Unión. Mais nos gobernos non é habitual un non á Troika ou a Bruxelas. E o Parlamento de Chipre deullo. Alemaña xa vén de premer os chipriotas para procuraren unha solución.

E de madrugada, a Eurozona sacou un comunicado no que din lamentar a decisión adoptada por Chipre, e mesmo espetan unha frase con arrecendo a ameaza: "Tomamos nota".

Sen soberanía

Segundo recollen os grandes medios europeos, na cidadanía de Chipre as draconianas condicións impostas para o rescate víronse como unha "verdadeira humillación"nacional , como se Chipre fose unha simple colonia de Alemaña, sen capacidade de decisión nin manobra algunha.

Comentarios