Chipre acorda coa 'Troika' unha quita do 20% aos depósitos de máis de 100.000 euros

O goberno chipriota acordou coa Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional, a denominada 'Troika', adoptar esa medida para os depósitos do Banco de Chipre.

A afirmación realizada a pasada sexta feira polo ministro chipriota de Finanzas, Mijailis Sarris, da posibilidade de tasar depósitos superiores a 100.000 euros é agora unha realidade. A  quita será do 20% para aqueles que superen esa cantidade.  Inspectores da Troika avalaron esta opción para aqueles depósitos situados no Banco de Chipre. Para o resto de depósitos, os que teñan outras entidades financeiras, a quita será do 4%.

Con esta decisión o Parlamento chipriota pasa a separar as entidades financeiras do país en bancos bos e malos. No caso dos segundos entrarían estes grandes depósitos que terán a quita como penalización. Haberá que agardar a reacción d@s cidadáns dese país que aínda teñen as sucursais bancarias fechadas até a vindeira terza feira.

Comentarios