China emprega legos para ridicularizar a resposta dos EUA ao coronavirus

O vídeo Érase unha vez un virus foi feito pola axencia oficial de noticias chinesa Xinhua. Vídeo no interior

china lego

O presidente dos EUA, Donald Trump, ten en China unha das súas teimas desde a súa chegada ao cargo, o que tamén se puxo de manifesto durante a pandemia do coronavirus. Trump ten acusado China, unhas veces de forma máis velada e outras máis directa, de ser responsñabel na propagación da COVID-19.

Desde Pequín optouse por unha resposta, cando menos,curiosa: un video feito con legos, Érase unha vez, pola axencia de noticias oficial chinesa.

Como explica Correio da Manhá, o video coloca os dous países “em lados opostos da luta contra a pandemia: Pequim sempre a alertar para os perigos da doença e a demonstrar trabalho feito, Washington a desvalorizar os alertas. Os personagens são um guerreiro terracota chinês e a Estátua da Liberdade. "É apenas uma gripe", diz esta última quando confrontada com o facto de Pequim ter anunciado a existência de um novo vírus perigoso. A construção do enredo da "curta" ridiculariza a postura norte-americana”.

Unha das primeiras reaccións ao vídeo veu da empresa dinamarquesa Lego, enfaizando que non ten “nada a ver” com este vídeo.
 

Comentarios